En Mazarelos queremos seguir sendo un espazo de historia e cultura feito contigo e para ti. Tras anunciar a pausa trala publicación do número 15, queremos dedicar un tempo a mellorar o proxecto e volver con novidades e un mellor resultado. Para iso, precisamos coñecer a túa opinión.
Se es autor/a, lector/a, subscritor/a ou seguidor/a nas redes, queremos saber que é o que máis valoras e que mellorarías de Mazarelos. Dedica uns minutos a cubrir este formulario e axúdanos a facer de Mazarelos un proxecto máis próximo e inspirador.