Página 1 de 4
CROWFUNDING
WORLD GAMES 2026
Este ano,
as seleccións masculina e feminina de fútbol gaélico
teñen
a oportunidade de representar a Galiza nos World Games de Waterford
, Irlanda, o maior escaparate internacional deste deporte.
Non é só unha viaxe. É a recompensa ao esforzo, sacrificio e amor por un deporte que medra cada día no noso país.
É defender unha camiseta, unha lingua e unha forma de entender a competición baseada no compañeirismo, na paixón e no orgullo de pertenza.
Pero para poder estar alí precisamos axuda.
Os custos de desprazamento, aloxamento e material son moi elevados e queremos que ninguén quede atrás por motivos económicos
. Por iso lanzamos esta campaña de crowdfunding: para que entre todos e todas fagamos posible que Galiza compita ao máximo nivel.
Xa levamos recadados
1.600€
grazas a
Jon Olabarrieta, Clara Salamanca, Francisco Javier Arias, Eugenio Gonzalez, Olalla Rodil, Saray Alonso, Jorge González, Riazor Blues,
Xosé Baamonde e outros 21 doantes anónimos.
Cada achega, por pequena que sexa, suma:
⚪
Axúdasnos a representar Galiza internacionalmente
🔵
Apoias o deporte
amateur
e de base
⚪ Impulsas o crecemento do gaélico galego
🔵 Formas parte desta historia
Queremos levarvos a todxs ata Waterford
. Queremos competir, aprender e demostrar quen somos.
E contigo, será posible.
Máis información en:
seleccion@gaelicogalego.gal
609 01 66 16
https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/
Quero facer unha achega!