Charla de sensibilización á Dislexia
O próximo día 14 de decembro ás 17h na Biblioteca do CEIP Quintela de Moaña, Isaac Figueroa fará unha exposición para todas as persoas interesadas nesta temática. Ofrecendo todas as claves e ferramentas que faciliten un acompañamento e unha intervención ótpima coas nosas crianzas.
Durante a charla a ANPA Entrevalos ofrece un servizo de ludoteca para todas as familias que desexen acudir podan facelo, deixando os nenos e nenas cos monitores a pasar un bo rato. Coa túa inscrición fainos saber se o precisas.